O Pouso



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

O substantivo pouso derivado do verbo pousar, do latín PAUSARE, ten na toponimia un sentido orográfico, xa que designa espazos chans situados nun camiño en pendente ou unha parte do camiño onde a pendente é menos pronunciada, de modo que se convertía nun lugar no que repousar para os camiñantes, os cabalos ou os carros. No barrio de Quinteiro divídese en O Pouso de Arriba e O Pouso de Abaixo.