O Outeiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

A orixe etimolóxica do topónimo O Outeiro é controvertida. A maioría das interpretacións etimolóxicas sinalar ALTARIU, derivado do latín ALTUS, como étimo do substantivo outeiro "pequena elevación do terreo illada e de pouca extensión". Porén, outros autores sinalan que outeiro é unha formación romance a partir da raíz outo (< ALTU) co sufixo -eiro. Este topónimo é moi frecuente en todo o territorio. O Nomenclátor rexistra máis de cincocentos lugares chamados Outeiro, O Outeiro e derivados en Galicia, cada un situado en cadanseu outeiro. Como apelido, Outeiro mantén certa vitalidade principalmente nas comarcas de Bergantiños e A Barcala. Está castelanizado en Otero, forma que se rexistra, pola abundancia do topónimo, en case todos os concellos de Galicia, tamén en Redondela onde hai 1086 ocorrencias.