A Lameira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela
Derivado abundancial de lama, termo de orixe prerromano e moi abundante na toponimia de Galicia. A palabra tomouna logo o latín, LAMA, co significado de "charco, lodo". Normalmente designa un sitio húmido e con chan barrento. A presenza e a abundancia de lama adoitan marcarse na toponimia co plural As Lamas ou con sufixos abundanciais Lameiras, Lameiros e Lamegas. Segundo o Nomenclátor de Galicia son derredor de 100 as localidades con este nome. Na parroquia de Quintela rexístranse A Lameira, A Fonte da Lameira, A Poza da Lameira e o Camiño da Lameira no barrio de Quinteiro.