A Coutada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

O substantivo coutada é o participio do verbo coutar, creado a partir de couto (do latín CAUTU, participio de CAVERE "protexer, defender, coidar"). Un couto é un territorio afectado por determinados dereitos de propiedade ou xurisdición. A Coutada fai referencia a un lugar, unha entidade de poboación, que pode facer referencia unha parcela do monte que foi privatizada.