Coto de Lobeira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

O Coto de Lobeira é un nome composto formado polo substantivo coto e o substantivo lobeira. Coto fai referencia á voz común coto "parte máis alta dun monte, que ten forma cónica" (dicionario da Real Academia Galega). O Coto provén dunha base prerromana *COTT "prominencia, altura", que puido ser empregada para crear este topónimo en tempos posteriores coa palabra de substrato coto "altura", dende o latín ou, mesmo, dende o galego. O segundo elemento do nome, Lobeira, é un derivado de lobo (do latín LUPU). Lobeira aparece definido no dicionario da Real Academia Galega como "gorida de lobos", polo que pode indicar que neste coto se resgardaban os lobos.