O Campo de Rosende



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

O nome deste lugar vén da voz campo (< latín CAMPUS "chaira"), que significa "superficie extensa de terra máis ou menos plana, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo" (dicionario da Real Academia Galega). Este último significado que relaciona a voz campo cun lugar dedicado ao cultivo é, segundo indica Corominas (DCECH), unha innovación romance. Rosende parece ser unha alteración do nome de posesor Rosendo, nome de orixe xermánica, Rudesindus no latín medieval.