Cadabulla



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

Navaza menciona un topónimo Os Cadabullos como un derivado do latín CAPUT "cabeza, extremo", que non ten que ver coa voz Cádavo. Así pois, Sarmiento propón como definición para cadabullo "el comareiro de las heredades, junto a los muros". Esta definición non ten nada que ver con cádavo "rama seca dalgúns arbustos, como toxo, uz, queiroa, xesta etc., utilizada para acender o lume" (dicionario da Real Academia Galega), polo tanto non estamos ante un fitotopónimo. Pode tratarse do feminino de cadabullo por facer referencia a unha terra que está sen cultivar. Tamén existe o verbo cadabullar "facer os cadullos a unha leira". Os cadullos son os "sucos que se aran nesta franxa de terra". Outra definición de cadullo é "franxa de terra que se deixa sen cultivar e que serve de lindeiro entre dúas terras". No Proxecto Toponimia de Galicia hai varias terras nomeadas O Cadabullo, Os Cadabullos, O Cadullo, Os Cadullos, pero ningunha en feminino.