O Cabrito
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela
A palabra procede do latín tardío CAPRITUS, participio do verbo *CAPRIRE "parir" (a cabra), con influxo do sufixo diminutivo -ito ou con xeminación expresiva do t. Como topónimo, a mención das cabras ou cabritos fai referencia a lugares pedregosos, de difícil acceso. Na parroquia de Quintela recóllense As Cabritas, que fai referencia a unha entidade de poboación (tamén rexistrado co nome de Cabirtas, con metátese do -r), o Camiño das Cabritas e O Cabrito, que fai referencia a un terreo.