A Barreira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela

Barreira é un derivado de barro e fai referencia a un lugar no que abunda este material ou onde se extrae como materia prima para elaborar obxectos de cerámica ou material de construción. A palabra barro, de orixe prerromana, é sinónimo de arxila. Neste terreo localizado no barrio de A Costeira sitúase A Casa da Barreira.