Vilanova



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Vilanova é o resultado transparente do latín villa nova. No barrio de Casal do Monte, Vilanova fai referencia a catro fincas. Ademais, neste barrio tamén se atopan o Camiño de Vilanova, Fonte de Vilanova e Lugar de Vilanova. No memorial de rentas de 1699 aparece mencionado como "Vilanoba" e coa mesma grafía aparece no expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760.