Saxamonde
Procede dun nome persoal medieval *Saxamundus, variante doutros nomes de orixe xermánica que estiveron de moda na Galicia dos últimos séculos do primeiro milenio. Piel e Kremer, no seu Hispano-Gotisches Namenbuch suxiren un probable nome Suniemundus, pero a documentación do couto de Saxamonde dende o século XII fai pensar nun étimo SAXAMUNDI, xenitivo de Saxamundus. Así aparece no ano 1159 (CODOLGA): "hereditate quam habeo in Sancto Romano de Saxamundi".