As Mouras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O nome de Moura pode aludir a diferentes cousas. Por unha banda, as mouras son seres fantásticos con poderes sobrenaturais famosas nos folclores galego e portugués. Son seres obrigados por unha forza sobrenatural a vivir en estado limitado ou adormecido, sempre e cando determinada circunstancia non lles rompa o encantamento. Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra. Por outro lado, o adxectivo mouro designa na toponimia realidades de cor escura. Polo tanto poderían ser As (terras) Mouras en relación coa cor que se percibía. Porén, tamén pode ser un alcume referido á cor da pel da persoa propietaria. As Mouras é un terreo situado no barrio de Os Valos e aparece xa escrito no expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760. Mesmo se menciona un "Cocho da Moura".