Lugar de Figueroa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O termo lugar vén do latín localem "local, propio do lugar", derivado de locus "lugar". Rodríguez González, sinala que en galego ten diferentes significados "núcleo pequeno de poboación en que se divide unha parroquia, con poucos veciños e de carácter rural", "conxunto formado por unha vivenda e as terras de cultivo", "terras contiguas a unha casa, que xunto con ela forman unha única superficie separada do exterior por medio dunha parede" ou coa indicación sobre unha posición relativa. No caso da parroquia de Cedeira rexístranse lugares cos distintos significados. A palabra lugar foi quedando fixada na toponimia local, xa que serve para identificar as parcelas que aparecen vinculadas cos propietarios, cos alcumes familiares e cos sitios nos que se atopan.