Pousadouro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Asnelle de Abaixo
DA PARROQUIA DE
Reboreda

Procede do latín Pausatorium, derivado do verbo pausare e do nome pausa. De aquí naceron verbos como ?pousar? e ?repousar?. O topónimo refírese a unha parte dun camiño nos cales se pode facer un descanso. Case sempre coincide con espazos máis ou menos chairos en medio dunha costa ou ao final. A terminación ?ouro é propia do galego da diocese tudense, fronte á variante ?oiro (Pousadoiro). Tamén se rexistra en Reboreda o topónimo Cristo do Pousadouro.