Gouvea



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Topónimo escuro ou de motivación descoñecida. Pode ser unha variación de pouveia, casa de aldea de pequenas dimensións e aspecto moi pobre. Pero tamén debemos considerar a posibilidade de ser unha variación do apelido portugués Gouveia, polo cal referiría a terra dun propietario así apelidado. En Cedeira recóllense dous casos: un no barrio da Portela e o outro no barrio da Formiga.