O Pardiñeiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Pardiñeiro é un nome común galego que designa os restos dunha construción arruinada, e procede do latín PAR(I)ETINARIUM "muros e ruínas de edificacións vellas". O Pardiñeiro da parroquia de Cedeira fai referencia a un terreo moi pequeno que se atopa no barrio de Fortóns, mais non se aprecia ningunha ruína.