Encima do Túnel



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo cima vén do latín CYMA e antes do grego ???? "onda, brote", pero aquí está unido a unha preposición para formar un adverbio de lugar: encima. Do francés antigo tonel (latín tardío TUNNA) procede o inglés tunnel "tonel", "cano subterráneo", "túnel", termo técnico que entra modernamente en castelán. Véxase a entrada Sobreiro. Tamén se rexistra Túnel na documentación antiga, mais non está localizado e podería ter relación con este microtopónimo.