O Cornello



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Eira Pedriña
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Sobre este microtopónimo Boullón Agrelo sinala que Cornello pode derivar de corno. Por outro lado, Kremer non considera que veña do nome latino Cornelius, senón que pode remitir a un alcume. Tamén indica que no galego cornello significa "parásito nas flores do centeo" e viría do latín corniculum "corno". O Nomenclátor de Galicia recolle o lugar Cornello no concello de Abadín.