O Cerrado



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Aldea
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Cerrado vén do latín tardío SERARE, derivado de SERA "pechadura". O feito de que teña un -rr- débese a unha confusión con serrar, do latín SERRARE. No dicionario da Real Academia Galega aparece definido como "terreo pechado cunha construción deste tipo". No barrio de Rande tamén se recolle Serro, que podería estar modificado polo uso do seseo propio desta zona.