Meixide



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Podería tratarse dun nome gótico de posesor, MAXIMUS, con mudanza de sufixo. En documentos medievais aparecen as formas MAXITUS e MAXIDUS. Os topónimos que se forman a partir de MAXITUS confúndense facilmente co xenitivo de (D)AMASCETUM "ameixedo" que fai referencia á árbore coñecida como ameixeira. Deste xeito, non se sabe cal pode ser a motivación para Mexide de Abaixo e Mexide de Arriba, situados no barrio de A Portela, aínda que probablemente estean relacionados coa segunda hipótese.