Escribanos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O máis probable é que este microtopónimo faga referencia ao oficio do seu posuídor: un Escribano, do latín tardío SCRIBA,-ANIS. Por tanto os terreos poden designar a propiedade dun escribán. Na zona distínguense Escribanos de Arriba e Escribanos de Abaixo. En orixe sería un único terreo.