A Virvirigueira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Pode ser un derivado de berbigueira. Edelmiro Bascuas dá como posible que berbigueira sexa un hidrotopónimo prerromano relacionado co elemento auga a partir da raíz indoeuropea *bher- "fluír, brotar", aínda que pensa que é máis probable que derive da voz medieval BERBECARIUS, procedente do latín bervex, icis "carneiro castrado". Dende esta perspectiva o topónimo sería un abundancial deste animal.