Camiño das Grilas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Aldea
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Topónimo transparente formado polo substantivo grilo, do latín GRYLLUM. É un "insecto da orde dos ortópteros, saltador, duns tres centímetros de tamaño e de cor negra, que se caracteriza porque o macho produce un son monótono ao fretar os élitros" (dicionario da Real Academia Galega). No barrio de Aldea atópase A Grila, Fonte da Grila e Camiño das Grilas.