O Caramuxo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira
A acepción máis común do substantivo caramuxo é a que nomea certo molusco de mar, en forma de caracol, coñecido noutras áreas galegas como mincha ou bígaro. En castelán, ademais desta acepción, o substantivo caramujo designa os froitos da zarza perruna (en galego silva macha, especie de roseira brava). Pero é posible que a presenza da forma caramuxo na toponimia non se deba a ningún deses significados. No barrio de Fortóns atópase O Caramuxo, un terreo dunha grande extensión que no seu interior alberga a Poza do Caramuxo e o Camiño do Caramuxo.