O Igrexario



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Cruceiro
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Igrexa, do latín vulgar ECCLESIA "asemblea, reunión de fieis", refírese á igrexa, centro de reunión dos fregueses á hora da misa. Neste caso estamos ante un derivado, Igrexario. Como curiosidade, as evolucións patrimoniais galegas comúns a partir de ECCLESIA son, con ou sen artigo, Eirexa, Eirexe, Irexe, Irexa, Grixa, Airexa, Airexe, comúns na toponimia galega. O Igrexario é o lugar do barrio de O Cruceiro onde está a Igrexa parroquial de Santo André de Cedeira e terreos que lle pertencen ou pertenceron.