Quintán
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Aldea
DA PARROQUIA DE
Cedeira
Quintán é o resultado no galego occidental da voz latina QUINTANA, derivado do numeral QUINTUS "cinco", un derivado que no latín de Galicia pasou a significar un espazo entre casas. O resultado quintán dáse na toponimia naquelas zonas de Galicia onde o feminino de irmán é irmán e non irmá. Nas zonas onde o femininio é irmá o resultado é Quintá. No barrio de Aldea atópanse dous terreos chamados Quintán e Quintán de Abaixo. Ao carón deste último sitúase a Fonte de Quintán e por entre eles pasa o Río de Quintán.