Porta Cedeira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Porta Cedeira sería o lugar de desembarco para achegarse a Cedeira ou pode facer referencia ao acceso a Cedeira dende o porto de A Portela. Segundo Navaza unha das acepcións dos substantivos porto e porta (no latín PORTU, PORTA) é a de "lugar por onde un camiño supera un obstáculo da orografía do terreo ou curso fluvial". O masculino porto aplícase aos chamados portos de río; isto é, os pasos por onde o camiño cruza unha corrente fluvial, sexa mediante unha ponte, unha barca etc. O feminino porta pode referirse a diferentes entradas e pasos. Porén, nun documento de 1699 aparece mencionado como "Puerto Cedeira", polo tanto o feminino porta tivo que ser unha adaptación e en orixe o seu significado está relacionado con porto. Con este nome rexístranse Praia de Porta Cedeira, Río de Porta Cedeira e Camiño de Porta Cedeira, todos no barrio de A Portela.