A Ponte da Lama



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Eira Pedriña
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo ponte, do latín PONTEM, está moi presente na toponimia galega. Neste caso temos A Ponte da Lama no barrio de Eira Pedriña que fai referencia a unha ponte que une a parroquia de Cedeira coa de Quintela cruzando o Río Maceiras, que nas inmediacións era chamado Río da Lama e no Catastro de Ensenada aparece como Río da Ponte da Lama. Faría referencia ao barro que habería no lugar. Xa en 1699 aparece documentado este topónimo nun memorial de rentas do concello de Redondela como "Ponte da Lama". Moi próximo a esta ponte atópanse os terreos Punta Lama de Arriba e Punta Lama de Abaixo. Estes nomes non gardan relación con outros como Punta Carballiño, pois non son porcións de terra que se adentran no mar. Semellan unha variación fonética de ponte. Por estas zonas pasa o Camiño da Punta Lama, aínda que no nomenclátor municipal figura como Camiño Fonte da Lama.