Muíño da Lebra
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira
A palabra muíño vén do latín tardío MOLINU (de MOLERE "moer") e indica a presenza desta construción na zona. No barrio de Aldea hai un terreo chamado Os Muíños no que se localizan tres construcións: Muíños de Xufre, Muíños do Pardo e Muíño do Pozo (deste último só queda o cubo). Os Muíños do Pardo son un conxunto de tres muíños de cubo chamados así por ser propiedade de Ramón Francisco Pardo Ferro, nado na Coruña. No barrio de Eira Pedriña atópanse O Muíño da Feixa, Muíño da Lama e Muíño do Maceiras. No barrio de Rande están o Muíño da Heirensia, Muíño da Lebra, Muíño da Rata (alcume da propietaria), Muíño de Estrella, Muíño do Luriñas e Muíño do Tío Lino ou da Tía Clara. A maioría destes muíños atópanse en bo estado e só teñen algúns desperfectos. Todas estas construcións atópanse ao carón do Río Maior, que recibe o nome de Rego das Cabras no curso alto (e Río Maior preto da desembocadura). Este regato serve de linde entre Cedeira e Trasmañó e desemboca na praia de Rande.