O Chouso



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Chouso e chousa son o resultado galego do latín CLAUSUM, CLAUSAM, participio do verbo CLAUDERE "pechar, cerrar". Na fala de moitas áreas de Galicia o feminino chousa segue a ser unha palabra de uso frecuente para designar unha propiedade, particularmente de monte, cercada ou pechada sobre si. No barrio de Rande rexístranse O Chouso Grande e O Chouso Pequeno. O primeiro aparece modificado polo adxectivo grande, procedente do latín GRANDE e o segundo polo adxectivo pequeno, cuxa etimoloxía non está totalmente esclarecida, mais podería proceder dunha forma tardolatina *PITTINNU.