Casa da Murada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo casa (< latín CASA) ten moita presenza na toponimia, en ocasións para designar paraxes onde non hai na actualidade edificación ningunha, pero si houbo no pasado. A Casa das Ánimas no barrio de Aldea, chamada así por conter un peto de ánimas e que tamén foi empregada como escola; a Casa dos Carabineiros, no barrio de A Formiga e a Casa da Murada en Rande fan referencia a dúas construcións. Pola contra, a Casa do Covelo (no barrio de Fortóns) e A Casa Vella (no barrio de A Formiga) fan referencia a terreos que dentro da súa superficie teñen casas, polo tanto poden referirse a un alcume ou a unha característica.