Cacharela



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Cruceiro
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo cachada, formado sobre o participio do verbo cachar (do latín *CASCULARE ?romper?), ten moita presenza na toponimia. Designa terras gañadas ao monte por ese procedemento. Moitos terreos de mato ou arboredo que no seu día foron cachados para dedicalos a cultivos, na actualidade son de novo terras de monte. Cacharela semella ter o mesmo significado que cachada. Pode ser un derivado directo de cachar ou unha alteración do diminutivo cachadela, pode que por interferencia do común cacharela "fogueira". Outra hipótese é que faga referencia a cachar ou cavar e despois queimar unha superficie de monte para sementar, normalmente, trigo . A terminación en -ela, do latín -ELLA, indica que este nome está en diminutivo. Así pois, Cacharela do barrio de O Cruceiro podería facer referencia a unha pequena parcela de monte cavado ou cachado cuxos restos de vexetación brava se queimaban para deixar o terreo limpo para sementalo.