Pinales do Muíño



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Aldea
DA PARROQUIA DE
Cedeira

A forma pinal é un derivado en -AL de pino. PINALE ten como resultado piñal ou piñar, mais son máis comúns as formas con -n- como pinal ou pinar. O primeiro pode ser considerado un derivado galego do castelanismo pino. Deste xeito, estamos ante topónimos de creación recente ou alteracións castelanizadas. Rexístrase a forma simple Pino Manso no barrio de Aldea, O Pinal no barrio de Rande, O Pinal do Abade no barrio de A Formiga e Pinales do Muíño tamén en Aldea.