A Pereira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira

A pereira é a árbore que ten a pera de froito. Provén do latín PIRARIA, mais na toponimia pode confundirse con PETRARIA, derivado de PETRA. Polo tanto pode facer referencia a un lugar abundante en pedra ou a unha plantación de pereiras, aínda que probablemente estea relacionado coa árbore. Na parroquia de Cedeira rexístrase A Pereira nos barrios de Rande e A Formiga e As Pereiras no barrio de A Portela.