Nogueiride
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Aldea
DA PARROQUIA DE
Cedeira
O nome Nogueiride é un derivado de nogueira, que se refire a un colectivo da árbore que dá noces, que en latín se chamaba NUCARIA (formado a partir do sufixo -ARIA, do latín NUX, NUCIS "noz"). Nogueiride da parroquia de Cedeira atópase no barrio de Aldea e fai referencia a unha extensión de terreo na que se atopan diversas casas. Ao carón deste terreo pasa o Camiño de Nogueiride. Na fala popular tamén se rexistra a forma Negueiride