Maceiras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Maceira é un derivado do substantivo común mazá, que vén do latín vulgar MATIANA ou MATTIANA. Esta voz latina deriva do nome dun personaxe romano, MATIUS, que difundiu esta árbore froiteira . En concreto, maceira vén do latín MATTIANARIA. O nome destes dous terreos do barrio de Fortóns, Maceiras de Abaixo e Maceiras de Arriba, pode ser tomado do Río Maceiras.