O Herbal



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo herba (do latín HERBA) é unha voz común que designa os pastos e en xeral toda clase de planta herbácea. Neste caso estamos ante o derivado herbal formado polo sufixo -ALE, que é común como topónimo nas áreas occidentais.Na parroquia de Cedeira rexístrase O Herbal no barrio de Fortóns e no de Aldea.