Os Enxertos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Enxerto é un substantivo procedente do participio do verbo INSERERE "inserir, introducir, no que confluíron un derivado de SERERE "tecer" e outro de SAR"RE ?sementar, plantar". Deste substantivo naceu o verbo enxertar. Neste caso o nome está en plural e fai referencia a un terreo situado no barrio de Rande. Outra variante deste substantivo é inxerto (o cambio de vogal débese a unha disimilación vocálica), que tamén ten presenza na parroquia de Cedeira.