Entreviñas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Cruceiro
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Entreviñas é un nome formado pola preposición entre e o substantivo viña. Este último vén do latín VINEA e fai referencia a un terreo plantado de vides. Nos sitios nos que a climatoloxía o permite, a viña foi e segue sendo intensamente cultivada dende a Idade Media. Así pois, nas ribeiras do río Sil, do Miño, do Avia, do Támega, do Arnoia e noutros constituíuse como a actividade agrícola máis importante . O Nomenclátor de Galicia rexistra tres lugares chamados (As) Entreviñas