O Carballo Longo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Eira Pedriña
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo galego carballo, que dá nome ao carballo común (Quercus robur), procede dunha forma *carbalio, con base na voz prelatina CARBA "tropeza, renovo de carballo, carballo miúdo, monte baixo preferentemente de carballo" e o sufixo *-ALIU. Neste caso estamos ante a forma carballo unida cun adxectivo: longo (do latín LONGU). Os compostos por carballo e adxectivos son moi comúns na toponimia galega. O Carballo Longo atópase no barrio de Eira Pedriña. No Nomenclátor de Galicia rexístranse moitos exemplos como o Carballlo Branco en Barreiros, Carballo Torto en Aranga, O Carballo Furado en Narón etc.