Canabal de Abaixo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Canabal pode parecer un nome que deriva de cana, do latín CANNA, que ten en galego un significado botánico xenérico aplicable ao talo de diversas especies e outro significado máis específico como nome da cana común. Crespo Pozo indica que as formas canaval, canaveira, caneira e canivelar son correspondencias galegas do colectivo castelán cañaveral. Canabal sería un composto formado por CANNA e AVENA, mais esta hipótese para o segundo elemento parece ser contraditoria, pois esperaríase un resultado canavial. Este nome rexístrase con v, que é a forma etimolóxica, mais aquí está grafado con b. O feito de que apareza escrito con b fai pensar que deriva de cánabo, do latín CANNABUM, planta da que se extrae unha fibra téxtil para facer cordas e outras cousas.