Bouza Longa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Bouza Longa é un topónimo composto polo substantivo bouza e o adxectivo longa (do latín LONGA). O substantivo bouza é unha palabra galega de orixe prerromana e ten abundante presenza na toponimia. Na documentación altomedieval en latín adoita aparecer coas grafías bautia, baucia. O seu significado é o de lugares non cultivados con abundante vexetación de árbores e monte baixo.