A Tol de Auga



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Aldea
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O substantivo feminino tol ou atol é un sinónimo de presa. Segundo Carrasco e Navaza son formas características do galego suroccidental, da diocese tudense, que non teñen uso noutras áreas de Galicia. O Padre Sarmiento explicou en 1745 este substantivo do seguinte xeito: "En Tuy se llama tol y una tol aquella presa de agua que sirve para regar los maizales u otros sembrados. Hay verbo gallego entolar el agua, y es cuando se divide el agua para el riego. En Pontevedra se llama tola a aquella presa menor de agua". Tol, tola, atolar etc., son palabras de orixe prerromana; teñen parentes noutras linguas románicas (castelán tollo, atolladero; catalán toll...) e moi probablemente están relacionadas co céltico tullon "oco, burato, foxo". Na parroquia de Cedeira, no barrio de Aldea, rexístrase A Tol de Auga, o lugar onde se atopan os Muíños do Pardo.