Río Fenteiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Aldea
DA PARROQUIA DE
Cedeira
Río é un topónimo de significado transparente e vén do latín RIVU "arroio, río pequeno", é moi abundante na toponimia e adoita constituír compostos. Na parroquia de Cedeira atópanse numerosos ríos referidos a cursos naturais de auga doce, por exemplo: Río de Porta Cedeira no barrio de A Portela; Río de Fortóns no barrio que leva o mesmo nome; O Río Vello no de Eira Pedriña; O Río de Quintán, Río Fenteiro e O Río Grande no barrio de Aldea. O Río Maceiras percorre os barrios de Fortóns e Eira Pedriña. Este último xa aparece no Catastro de Ensenada (1750-1754) como un dos límites da parroquia de Cedeira, escrito "Río da Mazeyra".