Riba da Fonte



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Riba da Fonte é un topónimo composto formado polo adverbio riba (do latín RIPA) e o substantivo fonte. O substantivo común fonte é moi común na toponimia e procede do latín FONTEM. É un terreo que se atopa no barrio de Fortóns e que está parcialmente ocupado pola vía do tren. Ao seu carón atópase A Fonte do Cuña que é o que motiva o nome do terreo que, como xa indica, se atopa por riba dela.