O Gorgullón



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

A palabra gorgullón fai referencia a un lugar onde mana a auga. Podería vir do latín GURGULIONE "esófago", "canón formado por un río" cun sentido figurado: "auga que expulsa a terra á superficie". Na parroquia de Cedeira atópase O Gorgullón no barrio de Fortóns e no de A Formiga. Neste último barrio ao carón do terreo de dito nome atópase a Fonte do Sapo ou do Gorgullón.