A Feixa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

A palabra galega feixa designa un cachón ou unha fervenza nun río. Na fala e na toponimia presenta dúas variantes: feixa, que sería a forma tradicional, e freixa. A orixe de freixa ou feixa é controvertida, hai autores que o relacionan con fraga e co verbo latino frango "romper", mais tamén se ten proposto como étimo o latín FALASIA, polo que o nome feixa galego sería parente do francés falaise "acantilado, desnivel pronunciado". Este é un topónimo bastante frecuente no suroeste de Galicia. Na parroquia de Cedeira rexístranse A Feixa no barrio de Fortóns e A Feixa do barrio de Eira Pedriña. Esta última fai referencia a un terreo que se atopa ao carón do Regueiro da Feixa e que alberga o Muíño da Feixa.