A Encrucillada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Eira Pedriña
DA PARROQUIA DE
Cedeira

A Encrucillada adoita ser o lugar no que se produce un cruzamento de camiños. É un nome derivado de cruz e vén do latín INCRUCELIATA. Na Encrucillada do barrio de Eira Pedriña crúzanse o Camiño do Cocho, o Camiño de Eira Pedriña e o Camiño de Fortóns.