Viacoba



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Cruceiro
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O Nomenclátor de Galicia non nos fala da existencia aquí deste topónimo. Covo e cova son moi frecuentes na toponimia para facer referencia a lugares situados nunha depresión do terreo ou a unha concavidade orográfica. A palabra cova deriva do latín vulgar COVA e esta, do clásico CAVA "burato, oco". Polo tanto, Viacoba pode ser entendido como un camiño profundo. Do mesmo xeito, no barrio de O Cruceiro tamén se rexistra o Camiño de Viacoba.