Terra Feita de Arriba
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Cruceiro
DA PARROQUIA DE
Cedeira
O topónimo Terra Feita podería interpretarse como resultado de terra freita, do latín TERRA FRACTA. Terra F(r)eita puido ter que ver co antigo labor de amansar o monte, Solla Varela sinala que este nome designa unha porción de monte habilitado para o cultivo. Existe un paralelo portugués Terra Feita en Ponte de Lima e Vieira do Minho, que aparece relacionado tamén cun arroteamento, isto é, limpar a terra do mato para cultivala. Na parroquia de Cedeira rexístrase Terra Feita de Abaixo e Terra Feita de Arriba, o primeiro no barrio de Fortóns e o segundo no de O Cruceiro.